Falece un ciclista logo de sufrir unha caída
- ecosdacomarca

- hace 8 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral Falece un ciclista logo de sufrir unha caída en Cangas. O accidente rexistrouse no quilómetro 4 da estrada EP-1002, en Erbello, pertencente á parroquia de Aldán (Cangas).

Foi un particular quen, ao fío das 13 horas, contactou co 112 Galicia e explicou que un ciclista acababa de sufrir unha caída. O ferido precisaba asistencia sanitaria urxente, pois permanecía inconsciente no momento do aviso.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Rapidamente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e o Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas.
Publicidade
Desde Urxencias Sanitarias confirmaron que estaban a mobilizar o seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Publicidade
Malia os esforzos dos servizos de emerxencias por reanimar á persoa, finalmente só se puido confirmar o seu falecemento.








Comentarios