top of page

Falece un camioneiro tras sufrir un accidente na AP-53 ao seu paso por Vedra

Ecos da Comarca/Xeral

Un camioneiro perdeu a vida hoxe, venres, tras sufrir un accidente en Vedra (A Couña). Ata o lugar mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, pero os equipos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 14:50 horas a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Poucos minutos despois, un particular contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para informar de que un camión sufrira un accidente e impactara contra o quitamedos na AP-53, á altura do quilómetro 14,5, ao seu paso pola parroquia de San Mamede de Ribadulla, no concello de Vedra.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Segundo indicou o alertante, o condutor permanecía no interior da cabina e precisaba asistencia sanitaria urxente.


Desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Ordes, ao GES da Estrada, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

A pesar dos esforzos realizados polos equipos sanitarios, que lle practicaron manobras de reanimación cardiopulmonar no lugar do accidente, non foi posible salvarlle a vida ao condutor. Este sábado trascendeu que a vítima é unha veciño de Silleda duns 50 anos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page