Falece un bebé afogado nunha piscina en Vigo
Ecos da Comarca/Xeral
Un bebé faleceu este venres afogado nunha piscina en Vigo. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 17:40 horas por parte dun particular, que solicitaba asistencia sanitaria urxente para o bebé.

PUBLICIDADE
De inmediato, informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, de forma complementaria, aos axentes da Policía Nacional e da Policía Local.
PUBLICIDADE
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Os profesionais sanitarios realizaron manobras de reanimación cardiopulmonar, pero finalmente non foi posible salvar a vida do menor.
PUBLICIDADE
Así mesmo, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), co obxectivo de prestar apoio especializado á familia.










Comentarios