Falece Maricarmen, a muller de 87 anos convertida en símbolo da loita contra os desafiuzamentos
Ecos da Comarca/Xeral
María del Carmen Abascal, coñecida como Maricarmen, faleceu hoxe, 7 de outubro, aos 87 anos no Hospital Gregorio Marañón de Madrid despois de converterse nas últimas semanas en España nun símbolo da loita polo dereito á vivenda e contra os desafiuzamentos.

Maricarmen levaba arredor de sete décadas vivindo na mesma vivenda do barrio madrileño de Retiro. O pasado 23 de setembro foi finalmente desafiuzada tras varios intentos de desaloxo e despois dunha longa batalla xudicial coa empresa propietaria do inmoble. O operativo provocou unha gran mobilización social e centos de persoas concentráronse para tentar impedir que abandonase o seu fogar.
PUBLICIDADE
A muller tivo que ser trasladada en ambulancia ao hospital tras o desafiuzamento. O seu caso xerou unha enorme repercusión en toda España e impulsou mobilizacións en defensa do dereito a unha vivenda digna. A súa historia chegou tamén ao debate político, no medio da discusión sobre as medidas para protexer as persoas vulnerables fronte aos desafiuzamentos.
PUBLICIDADE
Nos últimos días chegouse a anunciar un acordo que permitiría o seu regreso á vivenda. “Todos somos Maricarmen”, foi un dos lemas que acompañou as mobilizacións xurdidas tras o seu desafiuzamento. Sen embargo, o caso de Maricarmen tamén xerou un intenso debate social, con defensores da súa situación e da súa loita polo dereito á vivenda, pero tamén voces críticas e detractoras da súa postura e das mobilizacións arredor do desafiuzamento.









Comentarios