top of page

Falece a palense Erundina López, nai do exministro José Blanco

Ecos da Comarca/Palas de Rei

A veciña de Palas de Rei Erundina López Pardo, nai do exministro de Fomento José Blanco López, faleceu este mércores aos 92 anos de idade en Lugo, onde residía nos últimos anos.

José Blanco. Fonte: Wikipedia.
José Blanco. Fonte: Wikipedia.

 PUBLICIDADE

Erundina López era unha figura coñecida no municipio palense, onde mantivo sempre un forte vínculo coa súa contorna familiar e social. O seu falecemento causou pesar tanto na comarca da Ulloa como entre persoas próximas ao ámbito político e institucional vinculado á traxectoria pública do seu fillo.


Segundo transcendeu, o pasamento produciuse na cidade de Lugo, e está previsto que sexa velada hoxe no Velatorios Lucenses, en As Arieiras, en Lugo e será mañá, na igrexa de parroquial de Ferreira, en Palas de Rei, onde familiares e achegados lle darán o último adeus.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

José Blanco López, natural de Palas de Rei, foi ministro de Fomento entre 2009 e 2011 e desempeñou tamén responsabilidades relevantes dentro do PSOE, ademais de exercer como deputado no Congreso e eurodeputado. Ao longo da súa carreira política mantivo sempre unha estreita relación coa súa vila natal.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page