top of page

Fabiola García comprométese en Palas a seguir reforzando os recursos de atención aos maiores

25 jun 2025
1 min de lectura

Nunha xuntanza co alcalde, sinalou que o Executivo galego financia case medio cento de prazas públicas de atención a maiores e destina 390.000€ para o Bono Coidado no Fogar


Ecos da Comarca/Palas de Rei

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo recentemente unha reunión de traballo co alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, na que lle trasladou o compromiso da Xunta de Galicia para seguir reforzando os recursos públicos de atención aos maiores e impulsando novas iniciativas para o seu día a día.  


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nesta xuntanza, Fabiola García sinalou que a Xunta de Galicia financia preto de medio cento de prazas públicas de atención residencial entre os veciños deste municipio. Así mesmo, lembrou que o Executivo galego destina 390.000 euros en Palas de Rei para o Bono Coidado no Fogar, unha achega directa de 5.000 euros ao ano a todas as persoas que desexan ser coidadas nas súas vivendas por unha persoa da súa contorna.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Neste sentido, a conselleira de Política Social e Igualdade indicou que a Xunta de Galicia mantén unha estreita colaboración coas Administracións locais para seguir reforzando os servizos sociais e atendendo as súas necesidades.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page