top of page

Extinguido o lume iniciado nunha palleira en Boqueixón

Ecos da Comarca/Xeral

Un bombeiro durante as labores de extición. Autor: Bombeiros de Arzúa.
Un bombeiro durante as labores de extición. Autor: Bombeiros de Arzúa.

O 112 Galicia informou esta tarde que quedou extinguido o lume iniciado esta mañá nunha palleira no concello veciño de Boqueixón. Aínda que os propietarios continuarán vixiantes por si se reavivase o lume, os Bombeiros de Arzúa, ao fío das 16:00 horas deron por rematada a súa intervención.


Segundo indicaron ao 112 Galicia arderon rolos de herba seca que almacenaba a palleira e os que retiraran para o exterior. Ademais, resultou afectado o teito de uralita do mesmo alpendre.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
A Garda Civil tamén estivo no lugar. Autor: Bombeiros de Arzúa.
A Garda Civil tamén estivo no lugar. Autor: Bombeiros de Arzúa.

Ningunha outra instalación da explotación agrícola situada no lugar de Reguengo, en Gastrar foi alcanzada por este incendio, que se reixtrou no 112 Galicia pouco antes das nove desta mañá.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tampouco houbo persoas afectadas e os medios de extinción destinados foron suficientes para facer fronte a este incendio. Cómpre sinalar que os traballadores da explotación estiveron a colaborar activamente mediante maquinaria e cisternas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Deste xeito, os Bombeiros de Arzúa mantiveron baixo control o incendio e asumiron a tarefa de extraer os rolos de herba para apagar con garantías o lume.

IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page