top of page

Extinguido o lume forestal da parroquia palense de Cuíña

Ecos da Comarca/Palas de Rei

A Consellería do Medio Rural informou que o lume da parroquia palense de Cuíña quedou extinguido onte ás 22 horas.

Un dos helicópteros o domingo preto da zona do lume forestal. Autor: Ecos da Comarca.
Un dos helicópteros o domingo preto da zona do lume forestal. Autor: Ecos da Comarca.

Este lume iniciouse ás 17:58 horas deste domingo e finalmente afectou unha superficie de 14 hectáreas, 7 delas de monte arborado e as 7 restantes de raso. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 5 técnicos, 13 axentes, 24 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 8 avións.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

NOTICIAS RELACIONADAS:

IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page