Extinguido o lume de Castro de Amarante que calcinou 54,1 hectáreas
- ecosdacomarca
- 25 jul 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
O incendio que se orixinou o pasado domingo, día 17, a unha do mediodía na parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante (Antas de Ulla) quedou extinguido onte (ás 20:47 horas) despois dunha semana. A Consellería de Medio Rural informa que finalmente se viron afectadas 54, 1 hectáreas.

Segundo Medio Rural nas labores de extinción participaron un técnico, oito axentes, sete brigadas, seis motobombas, unha pá, catro avións e tres helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
Comentarios