top of page

Excarceran unha persoa tras envorcar co seu coche en Pol

Ecos da Comarca/Xeral

Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior, tal e como informa o 112 Galicia.

O coche afectado. Autor: Bombeiros da Terra Chá.
O coche afectado. Autor: Bombeiros da Terra Chá.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061,os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.

O lugar do accidente. Autor: Bombeiros da Terra Chá.
O lugar do accidente. Autor: Bombeiros da Terra Chá.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page