Evacuados os pasaxeiros dun tren ao que lle ardeu un dos motores
- ecosdacomarca

- hace 10 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
As 21 persoas que viaxaban nel resultaron ilesas e foron trasladadas ata A Coruña, o seu destino final, en taxi.

Contra as 23:40 horas do domingo, ADIF solicitou medios de extinción ao 112 Galicia debido a un tren ao que lle saía fume da parte baixa dun dos seus tres vagóns. Estaba parado na propia estación de Culleredo e, nese momento, todos os pasaxeiros estaban xa no exterior en perfecto estado.
Publicidade
Foron o maquinista e outra persoa que se atopaba no lugar os que apagaron as lapas cun extintor, mentres que os Bombeiros de Arteixo fixeron as comprobacións correspondentes á súa chegada.
Publicidade
No operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Culleredo.








Comentarios