top of page

Evacuado o alumnado do IES de Arzúa debido a un incendio no centro

Ecos da Comarca/Arzúa

Esta mañá rexistrouse un incendio no IES de Arzúa tal e como informa o 112 Galicia e o Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.

O incendio foi nun dos baños. Autor: Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña
O incendio foi nun dos baños. Autor: Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña

O 112 Galicia tivo constancia do suceso uns 20 minutos antes das 12:00 horas. Persoal do instituto, situado na rúa do Castro, alertou dun incendio nun dos baños do inmoble. Ademais indicaron que estaban a evacuar o edificio e que polo momento, non había afectados.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros do Parque Provincial das Arzúa Arzúa, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Arzúa.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os bombeiros explicaron que ardera unha papeleira e un dispensador de papel. Tamén caeron varios azulexos da parede onde estaba o lume mentres que algunha estancia do corredor viuse afectada polo fume, polo que tiveron que ventilar.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page