top of page

Evacuado en helicóptero un home ferido de gravidade tras un accidente cunha grúa en Bande

Ecos da Comarca/Xeral

Un home resultou ferido de consideración esta tarde tras ser golpeado pola pinza dunha grúa que realizaba labores forestais no concello de Bande, en Ourense. O suceso tivo lugar arredor das 17:15 horas na marxe da estrada OU-540, á altura do quilómetro 50, na parroquia de Santa Comba.

O lugar do accidente. Autor: GES Muíños.
O lugar do accidente. Autor: GES Muíños.

 PUBLICIDADE

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente a través da chamada do condutor da máquina, quen explicou que, mentres realizaba unha manobra de marcha atrás, golpeara accidentalmente á vítima. De inmediato, desde a sala de operacións do 112 pasouse o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxos profesionais determinaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Tras ser asistido no punto polos equipos sanitarios, o home foi evacuado na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Para garantir a seguridade na zona e colaborar nas tarefas de evacuación, o 112 Galicia tamén solicitou a intervención dos membros do GES de Muíños, dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page