top of page

Estrella Galicia reforza o seu compromiso coa Festa do Queixo de Arzúa cun programa gastronómico

Concrétase nun programa de actividades centradas na divulgación e na excelencia do produto, con catro talleres e experiencias guiadas arredor do queixo e a cervexa


Laura Moure/Arzúa

A Festa do Queixo de Arzúa inicia unha nova etapa coa sinatura dun acordo de patrocinio con Estrella Galicia, un convenio histórico por ser o primeiro desta envergadura cunha entidade privada pola súa duración de tres anos. Este acordo supón un importante impulso para a Festa do Queixo e tradúcese nunha aposta clara pola calidade, a gastronomía e a experiencia do público, combinando a mellora dos espazos cunha programación especializada de alto nivel, na que destaca a achega de material para a decoración do campo da feira, contribuíndo á posta en valor do recinto e á mellora da imaxe global da festa.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

No eido gastronómico, o patrocinio concrétase nun completo programa de actividades centradas na divulgación e na excelencia do produto, con catro talleres e experiencias guiadas arredor do queixo e a cervexa, que se estruturan en dúas propostas principais:

 ● Maridaxe de queixos e cervexas 1906, unha experiencia na que se explorarán as posibilidades de combinación entre distintos queixos e as catro cervexas da familia 1906. ● Mesmo queixo, diferente evolución, unha actividade centrada no proceso de afinado, que permitirá descubrir como un mesmo queixo pode ofrecer diferentes expresións de sabor segundo a súa evolución.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Estas actividades estarán a cargo de dúas figuras de referencia no sector: José Luis Martín, afinador de queixos e responsable do proxecto Qava, no que selecciona queixos de queixerías de toda España e os fai evolucionar para ofrecer novos sabores, ademais de ser director do concurso Gourmet Queixos, e Carlos Ávila, técnico de cultura de cervexa de Hijos de Rivera.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O acordo complétase coa dotación de premios para o concurso de tapas, a entrega de camisetas para a hostalaría e staff e entradas para MEGA, o museo de Estrella Galicia, reforzando así a implicación do sector hostaleiro e ampliando as accións de dinamización arredor da festa. Esta alianza consolida a Festa do Queixo de Arzúa como un referente gastronómico a nivel galego e estatal, abrindo unha nova etapa de colaboración estable que aposta pola profesionalización, a divulgación e a excelencia do produto.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page