top of page

Este sábado, día 6, terá lugar unha manifestación en Melide para evitar o derribo de dúas vivendas

Estas teñen máis de 60 anos e pertencen a dous irmáns e unha sentenza do TSXG ordea demolelas


Laura Moure/Melide

Unha familia de Melide continúa coa loita para evitar que derriben dúas vivendas da súa propiedade que teñen máis de 60 anos. Unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordea demolelas por unhas obras fóra de licenza. Os afectados, os irmáns Víctor e María Jesús Mosteiro Soto, xa conseguiron centos de sinaturas para intentar frear esta sentenza e este sábado, 6 de novembro, haberá unha manifestación para unir forzas e reivindicar que isto non se leve a cabo.

As vivendas están situadas na rúa María Casares de Melide que enlaza cun tramo do Camiño Francés. Os afectados teñen a esperanza de que a nova normativa de Patrimonio, aprobada hai tres anos e que xa permitiu facer obras no interior destas casas, serva para que o xuíz anule a orden de derribo.

"Como sabedes seguimos loitando polas nosas casas, eses fogares que construímos e arranxamos co noso esforzo e diñeiro (sen pedirlle nada a ninguén) e que a algún e algunha lles molestou (a envexa é moi mala)", sinala un dos afectados a través das redes sociais. "Por iso o vindeiro sábado, 6 de novembro ás12:00 horas do mediodía, vamos a exercer o noso dereito a manifestarnos. Sairemos a esa hora de diante das casas (no Camiño Vello Francés) e marcharemos ata o Concello. Non nos van a calar e vamos a defender o noso!", recalca.


Piden a todos os veciños, comerciantes, amigos... que tanto apoio lles estén dando que os acompañen ese día. "Oxalá nunca máis ningunha persoa do noso pobo esté na mesma situación. Hai que ser bos veciños e boa xente, que non imos levar nada para o outro mundo e nunca sabemos quen nos pode botar a man!", incide este afectado.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page