Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Estabilizado un incendio forestal na parroquia palense de Moredo que xa calcinou unhas 150 hectáreas

Ecos da Comarca/Palas de Rei

A Consellería de Medio Rural informa de que quedou estabilizado un incendio forestal rexistrado na parroquia de Moredo, en Palas de Rei, que xa afectou a unhas 150 hectáreas.

Foto de arquivo.

O lume iniciouse ás 5:27 horas deste domingo e quedou estabilizado ás 14:27 horas Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 150 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 5 axentes, 20 brigadas, 6 motobombas, 4 avións e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

584 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE