top of page

Esta semana pódese doar sangue en Lalín e Arzúa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A unidade móbil desprazarase mañá a ambas localidades e pasado tamén a Lalín

Unha unidade móbil de doazón de sangue. Foto: Xunta


Laura Moure

As persoas que desexen doar sangue poderán facelo esta semana, dentro das catro comarcas, nas localidades de Lalín e Arzúa.


Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar o municipio lalinense esta semana. A cita será mañá, xoves día 11, e tamén pasado, venres. Situarase como de costume na Praza da Igrexa en horario os dous días de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.


E mañá, xoves, tamén haberá outra en Arzúa que se situará no Recinto Feiral Terra do Queixo, na entrada traseira. Neste caso, o horario será de 16:00 a 21:00 horas.


Debido á situación de pandemia, na que necesariamente se debe gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, establécese tamén a cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando así esperas. Por iso para maior seguridade e comodidade é mellor pedir cita no 900 100 828.


E cabe lembrar que é moi importante esta acción solidaria porque contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes, sobre todo ante a situación actual de emerxencia sanitaria.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page