Esta madrugada deberemos cambiar a hora
- ecosdacomarca
- 29 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Como cada última fin de semana de outubro toca aplicar o horario de inverno, e por iso, esta madrugada debemos cambiar os nosos reloxos. Neste caso, se saes de festas terás unha hora máis para desfrutar e senón ganarás unha hora de soño. Por que? Porque ás 3:00 horas volverán ser ás 2:00 horas.

Este cambio de hora forma parte da Directiva Europea 200/84CE que tamén establece a aplicación do horario de verán a finais de marzo. Esta normativa é de obrigada aplicación en todos os países membros da Unión Europea e ten como obxectivo o aforro enerxético e aproveitar as horas de luz natural.
Cabe mencionar que a Unión Europea acordou suprimir definitivamente o cambio de hora para 2019, pero prorrogouse ata 2021, unha decisión que non se fixo efectiva polo desacordo dos seus estados membros sobre que franxa horaria a adoptar en cada país.
Kommentare