top of page

España prohibirá a caza do lobo

Laura Moure

A Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade, na que están representados o goberno español, as comunidades autónomas e Ceuta e Melilla, decidiron onte incluír ao lobo ibérico no Listado de Especies Silvestres en Réximen de Protección Especial (Lespre). Isto tradúcese en que se prohibirá tamén a súa caza no norte do Duero.

Foto: Axencia EFE


Esta especia xa estaba protexida ao sur dese río, pero agora tamén o estará en toda España e quedará prohibida a caza deportiva. Houbo unha dobre votación porque na primeira logrouse un empate. Galicia, Cantabria, Asturias e Castela e León, onde habitan más do 95% da poboacións de lobo, xa mostraran que non estaban de acordo.


Nun comunicado remitido onte aos medios, a Consellería de Medio Ambiente de Galicia sostén que isto suporá "un gravísimo problema de xestión" para as catro comunidades autónomas que albergan máis do 95% dos lobos de España, que rexeitaron de forma unánime a proposta presentada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.


Ademais de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León, a Xunta sinalou que tamén se opuxeron as pretensións do ministerio Andalucía, Madrid, Murcia e País Vasco. Pola súa parte, apuntou que Navarra pediu que o tema se deixase para unha ocasión posterior co obxectivo de buscar os necesarios consensos, renunciando a participar na votación, a mesma postura adoptada pola Comunidade Valenciana. Por outro lado, indicou que Ceuta non participou na votación por problemas de comunicación na videoconferencia.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page