top of page

Envorca un autobús escolar

Ecos da Comarca/Xeral

Un autobús escolar envorcou esta mañá na estrada EP-2703, ao seu paso pola parroquia de Padróns, en Ponteareas, sen que ningunha das persoas que viaxaban nel resultase ferida, tal e como informa o 112 Galicia.

ree

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 8:05 horas a través dun particular que alertaba de que o vehículo quedara envorcado na cuneta. Debido á súa posición, as portas quedaran inservibles e os ocupantes non podían abandonar o autobús polos accesos habituais.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por este motivo, desde a sala de operacións solicitouse a intervención dos Bombeiros de Ponteareas, que procederon a evacuar, a través do teito, a seis rapaces de entre 13 e 15 anos e á condutora.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A pesar do aparatoso do sinistro, todos eles atopábanse en bo estado e non precisaron asistencia sanitaria.


Ademais, informouse da situación á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local de Ponteareas.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page