top of page

Encontro de confraternidade en Antas de Ulla organizado pola comunidade de Montes Farelo

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a alcaldesa do Concello de Antas de Ulla e Deputada Provincial, Pilar García Porto, compartiron este sábado cos veciños e veciñas do municipio o primeiro encontro de confraternidade organizado pola comunidade de Montes Farelo.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

No evento, que tivo lugar no campo da festa da parroquia de Castro de Amarante e ao que se achegaron numerosos participantes, o mandatario provincial felicitou aos organizadores da xornada e destacou a importancia de celebrar este tipo de encontros que “fortalecen os lazos veciñais, promoven a identidade local e dinamizan a vida no rural”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

José Tomé resaltou tamén a importancia das comunidades de montes para a nosa provincia “son auténticos exemplos de xestión sostible e colectiva dos recursos naturais o que contribúe directamente á preservación da contorna”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page