top of page

Encontrado con vida en Palas de Rei un home que desapareceu a noite pasada

Ecos da Comarca/Palas de Rei

A pasada noite, o 112 Galicia tivo constancia dunha persoa desaparecida en Palas de Rei, que, por fortuna, foi atopada con vida por uns veciños, iso si, desorientada e con feridas de carácter leve. O home foi trasladado ao Punto de Atención Continuada (PAC) polo equipo de urxencias sanitarias.


A chamada de alerta ao 112 Galicia foi recibida ás 21:15 horas por unha persoa particular. Así, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil, dos membros do GES de Friol e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Pouco antes das once da noite, os efectivos de emerxencia que participaban na busca contactaron co 112 Galicia para informar de que o varón fora atopado por uns particulares nas proximidades da zona de Pambre.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page