top of page

Eloy Pérez lamenta que "a oposición condene a Monterroso a non ter residencia de maiores"

O rexedor considera que a oposición “torpedea” ao Goberno local impedindo co seu voto en contra aos Orzamentos


Ecos da Comarca/Monterroso

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, lamenta os votos en contra que os Grupos Municipais emitiron o xoves ao borrador de Orzamentos presentado polo equipo de Goberno, “o que impide que a localidade poida ter unha residencia de maiores”. En concreto, só o equipo de Goberno do PP e un dos concelleiros non adscritos votou a favor dos Presupostos para 2026, mentres que o resto de Grupos políticos da Corporación votaron en contra.

ree

“Os veciños e veciñas deben saber o que supón que a oposición siga torpedeando ao Goberno local”, precisa o rexedor, quen asegura que esta postura do PSOE, o BNG, PG, Independentes e do concelleiro non adscrito “supón impedir que se poidan levar a cabo investimentos de gran relevancia para o municipio”.


Proxectos frustrados

Así, as contas recollían unha partida de 100.000 euros para mercar os terreos para a construción dunha residencia de maiores, sendo Monterroso a única das vilas da contorna que non conta con este servizo de gran importancia para os maiores.


Ademais, explica, "os Orzamentos municipais contemplaban outros investimentos de sumo interese para os veciños e veciñas, como a reforma da Cúpula, a das vivendas comunitarias, a humanización de rúas, a ampliación da Peneda, a mellora do campo de fútbol ou as subvencións ás asociacións veciñais".


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O alcalde de Monterroso acusa aos Grupos Municipais que votaron en contra do Orzamento de manter “un bloqueo constante” non só ao equipo de Goberno, senón "que llo repercuten a todos os veciños e veciñas poñendo o interese partidista por enriba do interese dos cidadáns", algo que, sinala, “lles van ter que explicar porque é moi difícil de entender”.


O Goberno local recorda ademais "o afán negociador para aprobar estes Presupostos, que intentou consensuar co resto dos Grupos e considera “inexplicable” que a oposición leve anos pedindo que se presenten unhas contas e que, unha vez se debaten, votaran en contra dalgunhas propostas que eles mesmos fixeron previamente".


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Isto evidencia, segundo Eloy Pérez, "que tan só buscan que Monterroso non siga progresando e que se perdan investimentos dos que ían poder desfrutar todos os veciños e veciñas". Convida á veciñanza a seguir o debate do Pleno a través da páxina web do Concello (monterroso.es ), onde estará dispoñible ao longo do día de hoxe, para comprobar que “o que menos lles importa é o pobo”, remata.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page