Laura Moure/Vila de Cruces
A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, destacou esta mañá a importancia dos oficios artesanais como proposta de futuro para as novas xeracións nunha mesa de debate sobre formación profesional dentro da I Edición do Foro Fundamental. Primeiro Foro de Talento e Emprego de Galicia, que se está a celebrar en Vigo desde onte e ata mañá, dirixido a estudantes, novos emprendedores e persoas desempregadas.

Xunto a Fabeiro, participou na mesa redonda a zoqueira Elena Ferro, da parroquia cruceña de Merza, que dirixe Eferro, un taller familiar de elaboración de zocos con máis de 100 anos de historia e que resultou galardoado co Premio Nacional de Artesanía 2019.
A responsable autonómica presentou os oficios artesanais como opción de futuro para os
máis novos, incidiu na necesidade da remuda xeracional no sector e nas oportunidades de
emprendemento e de formación neste ámbito, á vez que destacou como a artesanía está a
incrementar a súa presenza en diferentes ámbitos como a gastronomía, a moda ou a
decoración de interiores.
Comments