top of page

'El gato con botas de agua' leva os dereitos da infancia a Arzúa o 30 de outubro

hace 41 minutos
2 min de lectura

Laura Moure/Arzúa

O circuíto de intercambio cultural a través das artes escénicas Camiño Escena Norte (CEN) chega a Arzúa na súa oitava edición. O venres 30 de outubro, ás 18.00 horas, a Capela da Madanela acollerá El gato con botas de agua, da compañía asturiana El Callejón del Gato, unha proposta de teatro visual, monicreques e obxectos para público infantil e familiar recomendada a partir de 2 anos. A entrada será libre ata completar a capacidade e, ao remate da función, haberá un encontro entre a compañía e o público.

Un barco de pesca en alta mar, unha tormenta, un rescate, unha nena e un gato. Recoñecida co Premio Oh! 2025 ao mellor espectáculo para a infancia, a montaxe revisita o conto clásico para reflexionar sobre os dereitos fundamentais da infancia: o dereito a un nome e a unha nacionalidade, á protección e ao coidado, á alimentación e a unha vivenda digna. Ao longo de 42 minutos, El Callejón del Gato conecta a imaxinación do relato tradicional cunha mirada contemporánea e converte unha noite difícil nunha viaxe compartida cara a un porto seguro.


A función de Arzúa será, xunto coa de Vimianzo ese mesmo día, a última sesión de Camiño Escena Norte en Galicia nesta edición, que pecha así o seu percorrido por nove localidades das provincias da Coruña e Lugo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Camiño Escena Norte

 CEN é unha iniciativa promovida polas propias asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria), Escena (Euskadi), ESNA (Navarra) e AEscena (A Rioxa). O programa mostra, desde a súa creación, parte da mellor produción escénica profesional dos seis territorios, con múltiples linguaxes, disciplinas e propostas estéticas que abranguen teatro, monicreques, ilusionismo, danza e artes do movemento e circo contemporáneo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Camiño Escena Norte conta co apoio económico da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Deputación de Lugo; xunto ao Gobierno del Principado de Asturias, Gobierno de Cantabria e Gobierno Vasco; as deputacións forais de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa; o Gobierno de Navarra, o Gobierno de La Rioja e o Ministerio de Cultura. Vegalsa-Eroski mantense como patrocinador oficial.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page