Un mes cargado de apoio, motivación e moita ilusión
Os inicios son complicados: medos, rabia, horas sen durmir, dúbidas, preocupacións... pero todo é máis doado cando sentes o apoio e o ánimo de tanta tanta xente. Todo isto fai que a ilusión, a motivación e a satisfacción gañen a todo o menos bonito. Aínda que a idea de ECOS DA COMARCA naceu polo mes de maio, a pandemia fixo que tivese que agardar, e démola a coñecer nas redes o 25 de xaneiro.
Neste mes de traxectoria xa superamos os 2.000 seguidores en Facebook, houbo publicacións que foron vistas 2.000 ou incluso máis de 5.000 veces!! E iso, para o noso primeiro mes, parécenos incrible!
Así que só nos queda dar as gracias a todos os que nos mandades noticias, nos enviades mensaxes de agradecemento e de ánimo, os que lle dades a me gusta ás nosas publicacións e as compartides e a todos os que as ledes! Gracias por facernos chegar que o noso traballo vale a pena!!
Podedes seguirnos no noso perfil (Ecos da comarca) de Facebook, de Instagram, na nosa canle de YouTube e na nosa web www.ecosdacomarca.com Ademais, podedes mandarnos calquera tipo de nova, queixa ou petición a través de ecosdacomarca@gmail.com
Queremos seguir medrando ao voso carón! GRACIAS!!
Comments