top of page

Dúas persoas son rescatadas polos bombeiros logo da caída dunha árbore sobre o vehículo no que viaxaban

Ecos da Comarca/Xeral

O equipo de rescate tivo que cortar varias partes do coche para sacar os dous ocupantes, un deles con posible fractura na zona da cadeira e outro con mobilidade reducida.


Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse pasadas as once deste mañá na AC-544, ao paso polo concello coruñés da Baña, por mor da caída dunha árbore.

ree

A chamada dun alertador ao 112 serviu para a posta en marcha dun operativo que contou cos Bombeiros de Xallas, así como cos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e cos axentes da Garda Civil de Tráfico.


Para poder facilitar o acceso dos sanitarios aos feridos, os bombeiros deberon cortar varias partes do coche, porque os dous ocupantes tiñan serias dificultades para saír, un por lesións e outro polas súas condicións físicas. Deste xeito, o equipo de rescate resolveu facer fronte á situación mediante a utilización do material de excarceración.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Desta maneira, os dous ocupantes puideron abandonar o vehículo sinistrado e poñerse en mans dos profesionais médicos para o seu traslado ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page