Dúas persoas foron excarceradas tras unha colisión que implicou a catro turismos e un camión
- ecosdacomarca

- hace 8 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Dúas persoas foron excarceradas tras unha colisión que implicou a catro turismos e un camión na AP-9 ao seu paso por Santiago, tal e como informa o 112 Galicia.

Tres persoas foron trasladadas e os bombeiros traballaron para liberar aos condutores de dous dos vehículos.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Ás 8:30 horas, o 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular implicado. Este explicou que acababa de colidir contra outro vehículo no quilómetro 69 da AP-9 en sentido A Coruña, á altura de Santiago. O alertador explicou que conseguira saír, pero podía haber persoas atrapadas.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santiago, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.
Publicidade
Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron que tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos implicados.
Publicidade
Finalmente, os servizos sanitarios evacuaron a tres persoas ao hospital de referencia.








Comentarios