top of page

Dúas persoas feridas en dous novos accidentes na AP-9

Ecos da Comarca/Xeral

Este xoves rexistráronse dous novos accidentes de tráfico na AP-9, tal e como informa o 112 Galicia. Un foi a altura de San Lázaro e o outro do Castiñeiriño. Os dous saldáronse cunha persoa ferida.

Por un lado, nun deles, o coche que conducía a vítima ao saírse da vía bateu contra a mediana e deu varias voltas de campá. Así o relataba a persoa particular que chamou ao 112 Galicia para advertir do accidente pasados dez minutos das seis e media desta tarde.

Sucedeu na AP-9, quilómetro 67, á altura de San Lázaro, en Santiago de Compostela.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Nada mais recibir a chamada do alertador, o 112 Galicia pasou aviso ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, aos Bombeiros de Santiago e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados o persoal do servizo de Autoestradas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tamén esta tarde, ás 18:20 horas, o 112 Galicia era coñecedor doutro accidente en Santiago, na AP-9, quilómetro 73, á altura do Castiñeiriño. Segundo o alertador nun primeiro momento pensouse que ninguén resultara ferido, sen embargo, no transcurso da comunicación solicitaron asistencia para unha das ocupantes do vehículo.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Os xestores do 112 informaron ao igual que no suceso anterior,  ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros da cidade, aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e ao persoal de control da AP-9.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page