top of page

Dúas persoas falecen nun accidente entre un coche e un camión en Antas de Ulla

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

Dúas persoas falecen nun accidente entre un coche e un camión en Antas de Ulla. O sinistro produciuse na N-640, no quilómetro aproximado 138, ao seu paso polo concello de Antas de Ulla. Trátase dun matrimonio deste municipio.

O accidente de hoxe. Autor: GES Monterroso
O accidente de hoxe. Autor: GES Monterroso

Eran as 16:45 horas cando un particular contactou co 112 Galicia para informar dunha colisión entre un turismo e un camión que se atopaba detido na vía. O alertante indicaba que no interior do vehículo viaxaban dúas persoas, que permanecían atrapadas e que poderían estar falecidas.


 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, tamén se deu aviso ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Finalmente, confirmouse o falecemento dos dous ocupantes do turismo, ambos de idade avanzada.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Declaracións do Concello de Antas de Ulla:

"O Concello de Antas de Ulla quere expresar o seu máis fondo pesar polo tráxico falecemento dun matrimonio veciño do noso municipio, ocorrido na tarde de hoxe nun accidente de tráfico no centro da vila


Esta terrible perda, que nos conmociona profundamente a todas e todos, deixa unha fonda dor na nosa comunidade. As vítimas eran persoas moi coñecidas e queridas en Antas de Ulla, e a súa ausencia será sentida por toda a veciñanza.


Desde o Concello queremos trasladar o noso máis sincero apoio, agarimo e condolencias á familia, amizades e persoas achegadas, acompañándoas neste momento tan difícil e doloroso.

Antas de Ulla permanece hoxe consternada por este suceso, ocorrido nun espazo tan próximo e simbólico para a vida diaria do municipio. Descanse en paz"



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page