top of page

Dúas persoas excarceradas, unha delas falecida, tras un accidente entre un camión e un coche

Ecos da Comarca/Xeral

Dúas persoas tiveron que ser excarceradas, e unha delas falecida, tras un accidente entre un camión e un coche en Cuntis. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 18:00 horas, facilitado polo propio condutor do camión implicado no suceso.

ree

O accidente tivo lugar na N-640, ao seu paso por Troáns (Cuntis), á altura do quilómetro 219. Na chamada inicial, o camioneiro indicaba unha colisión frontal co turismo e alertaba da posible presenza de persoas atrapadas no interior.



 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Dende a sala de operacións do 112 Galicia mobilizouse de inmediato aos Bombeiros de Vilagarcía e ao GES da Estrada, encargados de liberar aos dous ocupantes do vehículo empregando ferramentas de excarceración. Lamentablemente, o copiloto faleceu no lugar dos feitos, mentres que a condutora foi evacuada polos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia–061 ao centro hospitalario de referencia.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ao mesmo tempo, informouse da situación á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil, que colaboraron nos traballos de atención e seguridade na zona.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page