Dúas persoas evacuadas tras orixinarse un incendio nun sofá eléctrico
- ecosdacomarca

- 28 sept
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Boimorto
Un incendio deixa dúas persoas trasladadas na Estrada. As dúas foron evacuadas por inhalación de fume, tal e como informa o 112 Galicia.

O primeiro aviso que se recibiu no 112 Galicia por mor deste incendio tivo lugar pouco despois das 13:00 horas. Segundo indicou o alertador, comezara a arder un sofá eléctrico nunha casa na Veiga da Braña, na parroquia de Rubín.
PUBLICIDADE
Con esta información, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do GES da Estrada, da Garda Civil e da Policía Local.
PUBLICIDADE
Logo de que o lume fose sufocado, os servizos de emerxencias indicaron que chegaran a arder dous sofás e que o teito quedara afectado polo fume. Ademais, foi preciso informar ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pois dúas persoas inhalaran fume logo de sufrir este incendio. Ambas foron trasladadas.








Comentarios