top of page

Dozón, Toques, Sobrado e Boimorto reciben axudas da Xunta para crear ou reformar residencias e centros de día

O ente autonómico asinará entre este mes e o próximo convenios con 20 concellos para este fin


Laura Moure/Xeral

O Consello da Xunta autorizou este luns a sinatura dos convenios de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e os 24 concellos beneficiarios do Plan de investimentos para fortalecer a rede de equipamentos sociais de titularidade municipal destinada ás persoas maiores. Das comarcas figuran Dozón, Toques, Sobrado e Boimorto. A través deste Plan, o Goberno galego pon á disposición dos entes locais 18,5 millóns de euros procedentes de fondos europeos do Mecanismo de recuperación e resiliencia do programa NextGenerationEU.

Prevese que entre este mes e o seguinte se formalicen estes acordos, que permitirán a construción de 12 novas residencias, a reforma ou ampliación doutras seis, a creación de catro novos centros de día, a posta en marcha dun centro social e o impulso dun centro integral con servizos de atención diúrna e residencial.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

Os importes concedidos ás administracións locais para sufragar os seus proxectos distribúese ao 50% entre os anos 2024 e 2025. Os concellos serán os encargados de contratar e executar as obras, así como de xestionar os centros. As intervencións financiadas por este Plan de investimentos seleccionáronse de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e en canto á súa localización: 16 están en localidades da provincia de Ourense, tres en municipios da Coruña, outros tres en Pontevedra e dous na provincia lucense.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Esta proposta suporá un impulso histórico na mellora dos servizos para as persoas maiores que viven en concellos pequenos e de carácter rural, xa que se crearán 500 novas prazas públicas residenciais e outras 150 prazas públicas en centros de día.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Así das comarcas figuran:

  • Concello de Dozón para a construción da residencia e centro de día. O importe do financiamento é de 1.500.000,00 €

  • Concello de Toques para a construción do centro de día. A cantidade concedida é 283.324,87 €.

  • Concello de Sobrado dos Monxes para a construción do centro de día. Recibirá da Xunta 348.572,37 €.ç

  • E o Concello de Boimorto para reforma e ampliacion da residencia municipal. Obterá do ente autonómico 500.000,00 €.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page