Dous traballadores feridos tras romper unha tubaxe dun silo de aceite de palma
- ecosdacomarca

- 30 oct
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O 112 Galicia informa da ruptura dunha tubaxe dun silo de aceite de palma instalado no Porto de Vigo. A causa disto, dous traballadores resultaron feridos e acabou vertendo o seu contido ao mar.

O 112 sinala que a vertedura está sendo controladada polos equipos de intervención da Autoridade Portuaria e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Quen alertou ao 112 Galicia foi un dos traballadores afectados. Pasadas as tres desta tarde, comunicouse co servizo de emerxencias para informar do que acontecera e solicitar asistencia médica porque estaba ferido.
Publicidade
Con esta información, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia activou os protocolos correspondentes para facer fronte a unha situación marcada pola presenza de persoas feridas e unha vertedura de aceite ao mar.
Deste xeito, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, avisouse a Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Autoridade Portuaria e axentes da Policía Local e Nacional.
Publicidade
Mentres o equipo médico centrouse na asistencia aos dous feridos, dos cales só un tivo que ser trasladado ao Hospital de Povisa -o outro foi atendido no mesmo lugar dos feitos-; os grupos de intervención do Porto e do Servizo de Gardacostas de Galicia fixeron fronte á contención da mancha. De feito, (ás 19:30 horas) continúan no punto para avanzar nas tarefas de recollida e limpeza da vertedura.
A Unidade de Drons da Axencia Galega de Emerxencias súmase ao operativo co fin de colaborar cos medios e recursos despregados na zona. Os técnicos do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA porán a disposición dos equipos de intervención un dron e a Plataforma Nuuk, que permite a recollida de imaxes en tempo real sobre a emerxencia e facilita a toma de decisións.








Comentarios