top of page

Dous feridos nunha colisión entre dous camións e dous turismos na A-6, ao seu paso por Baralla

Ecos da Comarca/Xeral

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado esta mañá na A-6 ao seu paso polo municipio de Baralla, e no que se viron implicados dous camións e dous turismos. Un dos camións transportaba gando e varios animais faleceron ao precipitarse polo desnivel sobre o que quedou envorcado o vehículo.

O accidente. (Captura cámaras da DXT)
O accidente. (Captura cámaras da DXT)

O sinistro produciuse pouco antes das 9 horas no quilómetro 464 da autovía, en sentido Madrid. Segundo recolle o 112 Galicia, un particular alertou de que un camión envorcara sobre un turismo, deixando atrapada á súa condutora. Minutos despois, a propia implicada púxose en contacto co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para comunicar que estaba ferida. A pesar do aparatoso do accidente, conseguiu abandonar o vehículo polos seus propios medios antes da chegada dos equipos de emerxencia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Sarria e dos servizos de conservación da autovía. Os bombeiros confirmaron que non foi preciso realizar labores de excarceración. Con todo, un dos camións transportaba gando e quedou suspendido lateralmente sobre un importante desnivel. Varios dos animais faleceron ao caer do vehículo.


Como o sinalou a Garda Civil de Tráfico, no sinistro víronse implicados dous camións e dous turismos. Dúas persoas tiveron que ser trasladadas en ambulancia polos servizos sanitarios.

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!

Nestes momentos servizos de emerxencias continúan traballando na zona para estabilizar o camión accidentado e restablecer a circulación o antes posible.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page