top of page

Dous condutores "cazados" a máis de 210 quilómetros por hora

Os feitos tiveron lugar tras unha “quedada de vehículos”


Ecos da Comarca/Xerla

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados a dous condutores por presuntos delitos de exceso de velocidade á altura do termo municipal de Outeiro de Rei (Lugo). O grupo de investigación e análise de tráfico detectou, mediante o rastrexo xornal de RRSS, a posible celebración, durante a madrugada do pasado día 22 de novembro, dunha reunión de afeccionados ao mundo do motor nas proximidades da saída 507 da autovía A-6.

Ante a sospeita de que puidesen realizarse as denominadas "lanzadas" (competicións de velocidade ilegais) en vías públicas, estableceuse un dispositivo de vixilancia e control na zona. O dispositivo deu como resultado a identificación de dous turismos circulando a 218 km/h e 213 km/h na autovía A-6 en Outeiro de Rei, sendo interceptados nas inmediacións a entrada do Polígono Industrial do Ceao. Os infractores foron citados para comparecer perante o xulgado de Instrución de Garda de Lugo para Xuízo Rápido.


No marco desta investigación formuláronse varios boletíns de denuncia por infraccións administrativas graves relacionadas coa seguridade viaria e a orde pública na estrada:

  • 3 denuncias por establecer ou participar en competicións de velocidade en vías abertas á circulación.

  • 2 denuncias por exceso de velocidade (168 km/h e 144 km/h). 

  • 1 denuncia por levar instaladas luces antirreglamentarias no vehículo (azuis e vermellas intermitentes simulando a iluminación dun vehículo policial).


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O operativo contou coa participación de diferentes unidades da Garda Civil nesta provincia, reafirmando o compromiso coa vixilancia das vías para garantir a seguridade de todos os usuarios. A Garda Civil recomenda precaución e respecto das limitacións de velocidade establecidas, ao ser a velocidade excesiva ou inadecuada, un factor fundamental que determina a maior ou menor incidencia na sinistralidade viaria, así como a gravidade e o grao das lesións das vítimas en caso de sinistro viario. Constituíndo a causa máis común e transversal na produción de accidentes mortais. Debendo por unha banda respectar os límites establecidos e por outro, adecuar a velocidade ás condicións que en cada momento presenten a vía, o vehículo ou o condutor.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Doutra banda, o vixente Código penal no seu artigo 379 establece que aquel que conducir un vehículo de motor ou un ciclomotor, a unha velocidade superior a sesenta quilómetros por hora en vía urbana ou en oitenta quilómetros por hora en vía interurbana, á permitida regulamentariamente, será castigado coa pena de prisión de ata 6 meses e, en calquera caso, coa privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata 4 anos.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page