top of page

Dorian e Luz Casal protagonizarán o gran peche da 15ª edición do Festival da Luz

O festival reestrutura a súa xornada de clausura tras a suspensión do concerto de Pablo Alborán e a baixa de Boikot por lesión do seu batería


Laura Moure/Boimorto

A organización do Festival da Luz traballou a contrarreloxo para reestruturar a xornada de clausura da súa 15ª edición, despois de confirmarse a suspensión da actuación de Pablo Alborán por prescrición médica e tamén a de Boikot por problemas de saúde dun dos integrantes. O Festival da Luz celébrase dende hoxe, 28 de agosto, ata o domingo, 30.


Ante esta situación, o festival anunciou a incorporación ao cartel da banda barcelonesa Dorian e da anfitrioa do evento, Luz Casal, que serán as encargadas de protagonizar o gran peche desta edición o domingo 30 de agosto.

A programación tamén sofre outro cambio debido á baixa de Boikot, que non poderá participar no festival tras a lesión do seu batería. No seu lugar incorpórase ao cartel o grupo navarro Koma.


A pesar dos contratempos de última hora, a dirección do evento benéfico reaccionou rapidamente para manter o nivel artístico da cita e garantir unha xornada de clausura á altura dos seus 15 anos de historia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A propia organización trasladou os seus desexos de recuperación a Pablo Alborán, que comunicou aos seus seguidores a súa intención de regresar a Galicia na edición de 2027 para compensar a suspensión do seu concerto.


No que respecta á nova programación, Luz Casal subirá ao escenario principal o domingo 30 de agosto para ofrecer un concerto especial como anfitrioa do festival. Xunto a ela, Dorian achegará o seu característico son electrónico para completar a programación da xornada e poñer o broche final á 15ª edición do Festival da Luz.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Desde a organización queren agradecer ao público e aos patrocinadores a súa comprensión, paciencia e apoio ante os cambios producidos nas últimas horas.


O resto da programación prevista mantense sen modificacións. Ademais, a recadación desta edición do festival benéfico irá destinada á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page