top of page

Dogo, gañador do Queixo Maquetón 2026 tras unha edición de altísimo nivel

O segundo posto foi para LAW e o  terceiro posto recaeu en Under & Diego Flâneur


Laura Moure/Arzúa

O Queixo Maquetón 2026 xa ten gañador. O proxecto Dogo resultou vencedor desta

edición do certame musical vinculado á 51ª Festa do Queixo de Arzúa, tras a reunión do

xurado celebrada o venres 16 ás 19:30 horas.

A decisión non foi doada. O xurado destacou o altísimo nivel das candidaturas recibidas,

cunha diferenza de puntuación moi axustada entre o primeiro e o segundo posto, o que

reflicte o bo momento creativo da escena musical galega actual. Como premio, Dogo

recibirá 1.500 € en concepto de caché pola súa actuación nos concertos da Festa do

Queixo, que terá lugar o sábado 28 de febreiro de 2026.


Dogo é un trío de Santiago de Compostela, formado en 2023, que mestura influencias do

shoegaze, post-punk e indie, cun son atmosférico e contundente e letras en galego. A súa

proposta destacou pola solidez musical, a identidade propia e unha forte presenza sonora,

cualidades que convenceron ao xurado desde as primeiras escoitas. Recentemente veñen

de gravar o seu primeiro EP, Brutalismo, tras gañar o concurso Sonidos Mans Salas.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O segundo posto foi para LAW, artista multidisciplinar de Vigo que presentou unha proposta persoal e potente, na que conflúen ritmos urbanos, música de raíz e electrónica. O xurado salientou a forza da súa voz, o compromiso das letras e a coherencia artística dun proxecto que conecta o urbano co ancestral.


O terceiro posto recaeu en Under & Diego Flâneur, un proxecto que destacou pola súa

sensibilidade, identidade propia e unha mirada contemporánea, deixando tamén unha pegada destacada nesta edición do certame.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O xurado do Queixo Maquetón 2026 estivo formado por José Ramón (Radio Arzúa), Xurxo Souto, Xiana Arias Rego, Miguel Mosqueira e Olalla Dopico, quen valoraron as propostas atendendo a criterios de calidade musical, identidade artística e adecuación ao espírito da Festa do Queixo.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O Queixo Maquetón consolídase así como un espazo de apoio á creación musical

emerxente, reforzando o seu papel como plataforma de visibilidade para novos proxectos e

como parte fundamental da programación cultural da Festa do Queixo de Arzúa. A 51ª Festa do Queixo de Arzúa celebrarase os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2026, combinando gastronomía, música e identidade cultural nunha das citas máis emblemáticas do calendario festivo galego.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page