Deuse á fuga tras atropelar a un mozo en Boiro
- ecosdacomarca

- hace 4 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un mozo foi atropelado por un turismo no casco urbano de Boiro. Tal e como informa o 112 Galicia, segundo as testemuñas do accidente, o vehículo implicado continuou a marcha.
Pouco despois, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar da presenza dun coche cun golpe no parabrisas preto do ceminterio.

Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia dirixíronse aos axentes da Policía Local de Boiro.
O suceso produciuse apenas uns minutos despois das once da noite de onte nun paso de peóns diante do Casa Consistorial. Concretamente, na Rúa Principal de Boiro, por onde pasa a estrada comarcal AC-305.
Publicidade
Varias persoas foron testemuñas do atropelo e mesmo indicaron a posibilidade de que o ferido estivese inconsciente. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xa foran informados e enviaron unha dotación ao lugar do accidente. Posteriormente, trasladaron o ferido ao Hospital do Barbanza.
PUBLICIDADE
Malia que o mozo estaba liberado e accesible, desde o 112 Galicia, solicitouse, tamén, a colaboración dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil. Pola súa parte, os axentes da Policía Local investigaban os feitos, xa que todas as testemuñas coincidían na marcha do condutor do vehículo. Por certo, un turismo que máis tarde foi atopado preto do ceminterio cun golpe no cristal. Quen o viu avisou a través do 112.








Comentarios