Detidos 3 ladróns que cortaron unha catenaria do tren provocando o corte do servizo durante horas
- ecosdacomarca

- hace 4 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Garda Civil detén a tres veciños de Lugo, con numerosos antecedentes por delitos contra o patrimonio, como supostos autores de dous delitos de roubo.

Os detidos desprazáronse ata unha nave situada no polígono de Guitiriz (Lugo) e tras forzar o bombín da porta de acceso, subtraeron diverso material industrial.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Así mesmo, subtraen a catenaria da vía férrea ao seu paso pola localidade lucense de Láncara, ocasionando considerables danos e interrompendo o servizo ferroviario durante varias horas.
Os cortes da catenaria producíronse en dous tramos da vía, ocasionando danos valorados en 80.000 euros.
Publicidade
Estas persoas conformaban un grupo criminal especializado no roubo de cableado de cobre, que posteriormente vendían en chatarrerías ao longo da provincia.
Publicidade
As dilixencias policiais e as persoas detidas foron postas a disposición xudicial.








Comentarios