top of page

Desarticulado un grupo criminal dedicado ao furto na central eléctrica na que traballaba

Ecos da Comarca/Xeral

A Garda Civil procedeu á detención de tres homes como presuntos autores dos delitos de furto continuado e pertenza a grupo criminal. Os implicados, que formaban parte do persoal dunha central eléctrica, coordináronse para subtraer unha inxente cantidade de barras de cobre e outros metais valorados en máis dun cuarto de millón de euros.  En concreto foron detidas tres persoas nas localidades de Arteixo, Cerceda e Sigüeiro.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Acreditáronse máis de 60 operacións de venta ilícita de material nunha chatarrería próxima.


As investigacións iniciáronse o pasado 1 de xullo de 2025, tras unha inspección rutineira de seguridade na central eléctrica. Os responsables da explotación detectaron a falta de barras de cobre fundamentais para os xeradores, cuxa complexidade técnica implica que só se fabrican na cidade de Nova York (EE. UU.), elevando o seu valor por encima dos 250.000 euros.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A investigación permitiu determinar que os sospeitosos se concertaron para realizar as subtraccións aproveitando a súa condición de traballadores. O grupo utilizaba as ferramentas e vehículos da propia empresa para acceder aos almacéns, onde cortaban as barras de cobre antes de extraelas do recinto. Ademais do cobre, o grupo subtraeu máis dunha tonelada de tubos de aceiro inoxidable, baterías de chumbo, latón e residuos valorados noutros 15.000 euros.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O labor de investigación técnica levou aos axentes para identificar un establecemento de xestión de residuos próximo á central. Neste lugar, os detidos realizaron máis de 60 operacións de venda de material coincidente co subtraído entre marzo de 2024 e decembro de 2025.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A fase de explotación desenvolveuse de forma graduada neste mes de xaneiro de 2026. O día 3 procedeuse á detención dos dous primeiros sospeitosos, mentres que a detención do terceiro implicado foi o pasado 12 de xaneiro.


Aos detidos impútaselles un delito de pertenza a grupo criminal e un delito continuado de furto, este último agravado por tratarse de material condutor. As dilixencias e os detidos foron postos ao dispor da autoridade xudicial competente.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page