top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 18 de setembro

Contamos con dous municipios libres de covid: Dozón e Santiso. Dende hoxe todo os municipios das comarcas quedan no nivel medio-baixo.


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO, 18 SETEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 18 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Dende onte pasamos a ter dous municipios libres de covid: Dozón e Santiso. Dende hoxe todos os municipios das comarcas quedan en nivel medio-baixo.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Touro e Boimorto atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados. O Pino teñen 12 casos activos, un menos que onte. Pola súa parte Arzúa sitúase con 10 casos, tres menos que fai 24 horas.


Na comarca dezana só un municipio libre de casos Covid, é o caso de Dozón. Agolada ten tres casos activos, un menos ca onte, tal e como informou hoxe pola mañá o Concello e Rodeiro conta con 3 casos activos, tal como informou o alcade, Rubén Quintá Quintá onte pola tarde. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 14 afectados, un máis que fai 24 horas; pola súa parte Silleda e Vila de Cruces continúa nunha escala entre 1-9 afectados.


Na comarca Terra de Melide hai un único municipio libre de casos: Santiso. Sobrado dos Monxes e Toques están nunha escala entre 1 a 9 contaxios. Pola súa parte Melide pasa a ter 11 casos, un menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas atópase nunha escala entre 1 e 9 afectados.

Fonte: Ecos da Comarca

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Agolada, Lalín, Melide, O Pino e Rodeiro son casos activos


Limitacións por municipios O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel medio será de obrigado cumprimento no municipio de Monforte de Lemos.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

* Entran en vigor hoxe


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page