top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 30 de novembro

Contamos nas Comarcas con doce concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 30 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 30 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con doce concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrados dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos con tres concellos libres de casos activos, é o caso de Arzúa, Boimorto e Touro. Pola súa parte O Pino sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Na comarca dezá, contamos con catro concellos libres de casos, é o caso de Agolada, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. Dozón sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 15 casos activos, dous menos que onte.


Na comarca Terra de Melide, contamos con tres concellos libres de casos activos, é o caso de Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola súa parte Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Por último, na comarca da Ulloa, contamos con dous concellos libres de casos activos, é o caso de Antas de Ulla e Palas de Rei. Pola súa parte Monterroso sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page