top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 21 de xullo

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Un único municipio libre de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas,

a situación e máis preocupante en Arzúa, Lalín, Melide, O Pino e Silleda


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES, 21 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 21 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Un único municipio sen ningún caso de Covid-19: Dozón. Os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 31 casos, catro máis que fai 24 horas, O Pino ten en 15 afectados, dous máis que fai 24 horas, Boimorto e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón que non ten ningún caso dende hai días. Agolada, tal e como confirmou despois do mediodía de onte o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, hai só un caso activo, tras recibir a alta os outros dous. Rodeiro, segundo o Sergas, está entre 1 e 9, pero onte pola tarde o alcalde, Rubén Quintá, especificou que hai catro casos activos. "Ollo! Que non se pense que só é algo que afecta a quen non está vacinado. Os casos destes días son case todos de veciños que recibiron a pauta completa da vacina", recalca Quintá. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 27 afectados, dous menos que onte. E Silleda ten 32 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días como apunta o Sergas, un menos que fai 24 horas.


A comarca Terra de Melide ata hoxe o único municipio libre de Covid era Santiso, pero dende onte pasa a situarse cunha taxa entre 1 e 9 casos. O Sergas indica que Melide ten 48 afectados, catro máis que fai 24 horas, e pola súa parte Sobrado dos Monxes e Toques atópanse nunha taxa entre 1-9 afectados.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Monterroso, Antas de Ulla e Palas de Rei, segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, O Pino, Silleda e Rodeiro son os casos activos.


Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:

  • Nivel alto de restricións para os concellos de Ourense, Barbadás, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, O Barco de Valdeorras.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Porto do Son, O Carballiño, Ribadavia, Sarria, Sanxenxo, Poio, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Marín, Pontevedra, Redondela, Vigo, Caldas de Reis e Salceda de Caselas.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.


NOVIDADES NAS LIMITACIÓNS A PARTIR DESTE SÁBADO 24 DE XULLO:


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page