top of page

Cuiña manterá o venres un encontro ca veciñanza afectada polo proxecto para o vertedoiro de Pazos

A cita será o venres 17 ás 17:00 horas no centro social desta parroquia silledense


Ecos da Comarca/Deza

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, manterá un encontro ca plataforma de persoas afectadas polo vertedoiro de residuos previsto na parroquia de Pazos. A xuntanza, que xa quedou fixada onte luns a petición da plataforma, terá lugar o vindeiro venres día 17 ás 17:00 horas no centro social da parroquia de Pazos.

O alcalde explica que a día de hoxe os técnicos municipais están xa a estudiar o proxecto presentado pola empresa promotora, e que vén de someterse por parte da Xunta á avaliación ambiental, nun denso documento de máis de 700 páxinas.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

“O Concello de Silleda sempre estará do lado do interese xeral, no marco das súas competencias, como vimos facendo con outros casos como por exemplo o da gasolineira de Plenoil”, indica o rexedor.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O personal técnico municipal xa está a avaliar a documentación remitida pola Xunta de cara a realizar os informes que correspondan.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page