top of page

Cuarto accidente ferroviario en España en catro días

Ecos da Comarca/Xeral

España está vivindo unha semana negra no ámbito ferroviario. En apenas catro días rexistráronse catro accidentes en distintos puntos do Estado, unha sucesión de incidencias que volve poñer o foco na seguridade do transporte por tren e no estado das infraestruturas ferroviarias.

Fonte: Garda Civil.
Fonte: Garda Civil.
  • O domingo, 18 xaneiro, tivo lugar o tráxido accidente de tren en Adamuz, Córdoba, no que faleceron ao menos 43 persoas e outras 40 están hospitalizadas.

  • O martes, 20 de xaneiro, produciuse o descarrilamento doutros dous trens. Un deles descarrilou nas estacións Gélida e Sant Sadurní d’Anoia (Barcelona), e outro entre Maçanet Massanes e Tordera (Girona). O sinistro de Barcelona foi causado debido a que caeu un muro de contención e faleceu o maquinista e hai uns 37 feridos.

  • E este xoves, 22 xaneiro, resultaron ao menos tres feridos leves no choque dun tren contra unha grúa en Alumbres (Cartagena)


 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A acumulación de sucesos nun período tan curto xera unha gran preocupación entre usuarios e traballadores do sector.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Sindicatos e asociacións de viaxeiros reclaman explicacións e medidas urxentes para evitar que episodios semellantes se repitan, mentres o Ministerio de Transportes e Adif abriron investigacións para esclarecer o ocorrido en cada un dos accidentes.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O encadeamento de catro sinistros en catro días deixa unha sensación de alarma e evidencia a necesidade de reforzar os sistemas de mantemento, control e prevención nun servizo considerado clave para a mobilidade no Estado.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page