top of page

Cruces organizará un curso de memoria en Duxame e outro de ximnasia de mantemento en Toiriz

A inscrición de ambas actividades está aberta ata o 2 de setembro no Rexistro ou no teléfono do Concello


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces organizará neste último trimestre do ano cursos nos locais sociais de varias parroquias do municipio, dirixidos a persoas de todas as idades, pero centrándose principalmente nas persoas maiores.

ree

O Local Social de Duxame acollerá un curso de memoria. A formación, con prazas limitadas e un prezo final de 20 euros, celebrarase todos os martes do 9 de setembro ao 16 de decembro en horario de 17:30 a 18:45 horas no local social da parroquia cruceña de Duxame. A inscrición está aberta ata o día 2 de setembro no Rexistro ou no teléfono do Concello: 986 58 20 17.


As clases de memoria para persoas maiores, tamén coñecidas como talleres de memoria ou estimulación cognitiva, son actividades deseñadas para axudar aos adultos maiores a manter e mellorar as súas capacidades cognitivas, incluíndo a memoria. Estas clases ofrecen exercicios e xogos que estimulan a mente e axudan a previr o deterioro cognitivo. 


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tamén o Concello organiza un curso de ximnasia de mantemento no Local Social de

Toiriz. A formación celebrarase todos os xoves do 11 de setembro ao 4 de decembro en horario de 17:00 a 18:30 horas. O curso ten prazas limitadas e a súa inscrición está aberta ata o día 2 de setembro no Rexistro ou no teléfono do Concello: 986 58 20 17.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A formación, que terá un prezo final de 21 euros, é unha actividade física de baixo

impacto para a mellora do acondicionamento físico xeral, enfocada na flexibilidade, forza, mobilidade e equilibrio, e está pensada para mellorar a calidade de vida tanto de adultos maiores como doutras persoas que buscan un estilo de vida máis activo. Este curso de ximnasia de mantemento tamén se iniciará en setembro nos Locais Sociais de Bascuas, Loño e Merza, pero nestas tres parroquias as listaxes xa están completas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page