top of page

Craega celebrou un novo pleno nas instalacións de Alibós, en Monterroso

30 jun
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Monterroso

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) celebrou onte un pleno ordinario de fin de trimestre nas instalacións de Alibós, en Monterroso. O acto estivo encabezado polo presidente do Craega, Francisco López Valladares.

Unha vez finalizada a reunión, as persoas asistentes realizaron unha visita polas instalacións de Alibós, empresa certificada polo Craega con máis de cincuenta anos de

historia e considerada na actualidade unha das maiores produtoras mundiais de

castaña pelada e conxelada.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

No encontro estivo presente o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Martín Alemparte; o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez; o propietario e CEO

de Alibós e presidente do Consello Regulador da IXP Castaña de Galicia, Jesús Quintá, e

a responsable de Produción e Calidade de Alibós e vicepresidenta do Craega, Rocío Freire.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Durante este percorrido, Alemparte sinalou o compromiso desta empresa pola calidade diferenciada, xa que a súa produción está amparada baixo a Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia e conta tamén coa certificación do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page