top of page

Coñecer Antas de Ulla ao son do río que lle dá nome

Este domingo tivo lugar a ruta do Goza do Ulla á que asistiu unha trintena de persoas de distintas zonas de Galicia


Laura Moure/IsmaelRS/Antas de Ulla

O programa de rutas Goza do Ulla continúa co seu calendario. Despois de adiarse no mes de setembro, hoxe, domingo, tivo lugar a andaina polo concello de Antas de Ulla, no municipio no que nace precisamente este río, nos Montes de Olveda. E por sorte, a choiva deu unha tregua e quedou unha mañá de outono marabillosa para gozar á beira deste río.

As persoas que asistimos á andaina. Autor: Concello de Antas de Ulla.

Preto de 30 persoas (entre elas tamén o EQUIPO DE ECOS DA COMARCA) de distintas zonas de Galicia démonos cita ás dez da mañá. A maioría na Praza de España, xunto ao Consistorio, para despois desprazarnos ata o punto de partida.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A andaina que levaba por nome Ulloando polo nacemento partiu da ponte Mercé pasados uns minutos das dez da mañá. Ao son do Ulla, pisando as follas secas, conformando unha típica estampa de outono; vendo cogumelos de distintas especies e tamén diferentes animais como patos, garzas e incluso, cangrexos de río chegamos ata ao antigo balneario de Frádegas, onde aínda hai unha fonte de augas ricas en xofre. (Cabe mencionar que sobre este balneario sacamos nós unha nova onde podedes ver máis imaxes no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/en-que-lugar-me-atopo-7 )


Volvendo á ruta do Goza do Ulla por este municipio da Ulloa, despois de estar neste lugar dirixímonos ata a parroquia de Santa Mariña do Castro de Amarante. Alí poidemos ver a Capela dos Condes de Torrepenela e o Pazo de Santa Mariña do Castro de Amarante.

Autor: Ecos da Comarca.

Tras facer unha parada neste lugar, volvemos ao carón do Ulla polo mesmo sitio ata o punto de partida onde tamén nos atopamos cun grupo de vacas que pacían ao lado do Ulla, nun entorno fermosísimo, e cuxos cencerros ao lonxe xa avisaban da súa presenza. A andaina rematou preto das 15:30 horas.


Nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa poderemos gozar de novo do Goza do Ulla en Silleda o sábado 22 de outubro e en Santiso, o 29 deste mesmo mes.


Máis información do Goza do Ulla no enlace:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page