Cortada a estrada municipal que une Peibás e Velanxil en Antas
- ecosdacomarca

- hace 5 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
O Concello de Antas de Ulla informa de que está cortada temporalmente ao tráfico da estrada municipal que une Peibás e Velanxil. "As intensas e persistentes choivas das últimas semanas provocaron a saída continua de auga no propio trazado da vía, o que está a ocasionar: Deterioro importante do firme, zonas encharcadas e lamacentas, perda de estabilidade da estrada e risco de que algún vehículo poida quedar atrapado", sinala o ente local.

Publicidade
Explica que a día de hoxe o treito afectado atópase intransitable en condicións de seguridade. "Xa se iniciaron os traballos de drenaxe e reparación, pero a auga que continúa manando e a persistencia das choivas están a dificultar o avance das obras . Ademais, o paso de vehículos empeora o estado do firme recentemente intervido".
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Por todo iso, e co obxectivo de "garantir a seguridade de todas e todos, evitar incidencias
e permitir que as obras se executen correctamente procédese ao corte temporal da estrada entre Peibás e Velanxil ata que melloren as condicións meteorolóxicas e se poidan rematar os traballos con todas as garantías". "Pedimos comprensión, prudencia e colaboración á veciñanza mentres duren estas actuacións. Seguiremos informando de calquera novidade. Moitas gracias pola vosa colaboración", recalca o Concello.







Comentarios